Гуру Песен Популярное
А Б В Г Д Е Ж З И К Л М Н О П Р С Т У Ф Х Ц Ч Ш Э Ю Я
# A B C D E F G H I J K L M N O P Q R S T U V W X Y Z

Liorna - Ven | Текст песни

Cantas preguntas feitas ó vento,
Cantos soñiños hai que cumprir.
Canta tristura na morte da chuva
Nunha gota de auga pura.

Cantas preguntas feitas ó vento
E canto máis pides menos che dan.
Baila coa sorte cando desexamos
E a sorte é só sorte..

Escura..
Como unha paixón distante,
Como o ceo na noite insomne,
Como a música das tormentas,
Como a dor de tantas victorias.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a seguir, a seguir, a seguir.

Ven
meu amigo a cantar alegría
meu amigo coa fronte ben alta,
Ven a vivir, a vivir, a vivir.

Cantos amores que nunca quixemos,
Canto esquecemos para seguir
Canta tristura na morte das olas
Nun pouco de escuma pura

Escura...

Ven...

Vén a cantar por amor e misterios
que acontecen mil veces ó día.
Nunca máis ós adeuses e ás noites
Nas que as horas se arrastran doendo.

Liorna еще тексты


Видео
Нет видео
-
Оценка текста
Статистика страницы на pesni.guru ▼
Просмотров сегодня: 4